domingo, 25 de noviembre de 2012

UNHA SONORA VISITA


O martes día 20 de novembro, coincidindo  co DIA DOS DEREITOS DOS NENOS, tivemos a ocasión de asistir, no comedor de colexio , a un pequeno concerto que nos deron  os 5 músicos que integran o quinteto "Siberia Brass".
  Gozamos co  privilexio de escoitar varias interpretacións no momento en se estaban a tocar , é dicir , en vivo e en directo, sen ter que pagar entrada e ademáis disfrutamos con elas.
   Que máis se pode pedir...?
  Tamén nos explicaron que tipo de instrumentos eran e como se tocaban e dixeron os seus nomes.
  Dos fragmentos de obras clásicas e modernas que tocaron as máis coñecidas para os nenos foron as sintonías das series de debuxos A Pantera Rosa e Os Picapedra. Para os adultos os das bandas sonoras das películas El gran Gatsby e El golpe.
  Todos disfrutamos dun rato agradable e hai que dicir que os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º, foron uns bos ointes que non se cansaron de pedir "outra"  e "outra" cada vez que remataban de tocar algo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario