martes, 27 de noviembre de 2012

PARA PRACTICAR A MULTIPLICACIÓN

Aquí tes este enlace para  repasar as táboas de multiplicar, practicar multiplicacións  e comprobar o que sabes.

So tes que  picar 2 veces  sobre el co botón esquerdo e .... A XOGAAAAR!


http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/Tablas/TablasIE.html

domingo, 25 de noviembre de 2012

UNHA SONORA VISITA


O martes día 20 de novembro, coincidindo  co DIA DOS DEREITOS DOS NENOS, tivemos a ocasión de asistir, no comedor de colexio , a un pequeno concerto que nos deron  os 5 músicos que integran o quinteto "Siberia Brass".
  Gozamos co  privilexio de escoitar varias interpretacións no momento en se estaban a tocar , é dicir , en vivo e en directo, sen ter que pagar entrada e ademáis disfrutamos con elas.
   Que máis se pode pedir...?
  Tamén nos explicaron que tipo de instrumentos eran e como se tocaban e dixeron os seus nomes.
  Dos fragmentos de obras clásicas e modernas que tocaron as máis coñecidas para os nenos foron as sintonías das series de debuxos A Pantera Rosa e Os Picapedra. Para os adultos os das bandas sonoras das películas El gran Gatsby e El golpe.
  Todos disfrutamos dun rato agradable e hai que dicir que os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º, foron uns bos ointes que non se cansaron de pedir "outra"  e "outra" cada vez que remataban de tocar algo.

martes, 6 de noviembre de 2012



Mirade que pensativo está Mauro!!!. Aínda non sabía que a súa cabaza sería a .... máis arrepiante  do SAMAÍN do ano 2012....

viernes, 26 de octubre de 2012

NOTIFICACACIÓN PARA OS PAIS

Hoxe os nenos e nenas de 3ºA e 3ºB levan varias notas, entre elas a comuncación da reunión colectiva de pais de principio de curso.
 A reunión será o MARTES 30 DE OUTUBRO  nas respectivas aulas.
A de 3ºA celebrarase a partir das cinco e a de 3ºB a partir das seis.