O martes día 20 de novembro, coincidindo co DIA DOS DEREITOS DOS NENOS, tivemos a ocasión de asistir, no comedor de colexio , a un pequeno concerto que nos deron os 5 músicos que integran o quinteto "Siberia Brass".
Gozamos co privilexio de escoitar varias interpretacións no momento en se estaban a tocar , é dicir , en vivo e en directo, sen ter que pagar entrada e ademáis disfrutamos con elas.
Que máis se pode pedir...?
Tamén nos explicaron que tipo de instrumentos eran e como se tocaban e dixeron os seus nomes.
Dos fragmentos de obras clásicas e modernas que tocaron as máis coñecidas para os nenos foron as sintonías das series de debuxos A Pantera Rosa e Os Picapedra. Para os adultos os das bandas sonoras das películas El gran Gatsby e El golpe.
Todos disfrutamos dun rato agradable e hai que dicir que os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º, foron uns bos ointes que non se cansaron de pedir "outra" e "outra" cada vez que remataban de tocar algo.